Ruta 4. Taragoña-Catoira.

O CAMIÑO DA ORIXE. 4ª RUTA

Esta cuarta ruta que realizaremos o mércores 6 de abril constará de 21 kilómetros entre a Igrexa de Taragoña e Catoira.
Os primeiros quilómetros foron a través do monte pola beira do mar por Isorna ata chegar a Rianxo, onde continuamos a través do mercadillo. Volvemos a pasar pola beira do mar e polo camiño íamos vendo ca profe de galego pedras nas que habían poemas do autores literarios galegos máis importantes de Rianxo.
Adentrámonos outra vez no bosque ata chegar a un lugar precioso en Leiro onde paramos a comer; había un pequeno parque cunha pista onde os rapaces de 2, 3 e 4 xogamos ao fútbol.
Retomamos a marcha ata Catoira onde cruzamos a ponte e baixamos ás vías do tren e pasamos por debaixo da ponte para ver 3 drakas ou barcos vikingos.
Volvemos a subir ata a ponte onde nos colleu o bus para volver ao cole.




FEITO POR: SERGIO DOMÍNGUEZ FUNGUEIRIÑO E DANIEL PAZ AYASO

Comentarios

Entradas populares