Opinión da ruta 1 por un alumno de 4 de ESO

 Opinión da ruta 1 por un alumno de 4ª


A primeira ruta que realizamos este ano co colexio Bayón, comeza no faro de Corrubedo despois dunha pequena viaxe en autobús e termina na capilla da Guía, sumando unha cifra total duns 18.5km.

Como alumno que foi a ruta, teño que dicir que tivo moitos puntos positivos; como as espectaculares paisaxes que encontramos durante toda a viaxe, pasando polo Vilar e o río de Artes entre outras moitas zoas interesantes.

Pero como todo nesta vida, ten algún que outro punto que na miña opinión podriase haber mellorado:
Personalmente pasei a gran parte da ruta coa sensación de non poder disfrutar ben a ruta debido a constante presa que tiñamos por ter que acabala a hora acordada, según eu, podríase haber acortado un pouco os kilómetros totais para permitirnos aos alumnos disfrutar mais das vistas.
E, tamén, un pouco de explicación por parte do profesorado das zoas de interese que visitamos non habería estado mal.

En conclusión unha boa experiencia pero que se podría haber mellorado, dado que esta ruta foi a primeira el última á que acudín, non sei se xa se implementou algunha medida de mellora das rutas.











Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares